Danza e Contradanza

de

Darbo

Galería fotográfica
Ampliar
Ampliar
Ampliar
Ampliar
Ampliar
Ampliar

A "Danza e Contradanza de Darbo" data como mínimo do século XVI, e pode ser presenciada cada 8 de setembro, diante da igrexa parroquial. Son 16 os protagonistas, e organízanse en tres fileiras, unha de "damas" e dúas de "galáns". Cada formación conta co seu propio "contraguía", mentres que o "guía principal" se distingue de tódolos demáis por portar un gran penacho de cores. Elas visten fermosos traxes con rutilantes chapeus cheos de flores, mentres que os homes portan estranos atavíos, como aparatosos pendentes de arcaicos deseños. Isto podería ser unha proba da extraordinaria antigüidade desta danza secular. Os chapeus dos homes son de fieltro, que no caso do guía e para diferencialo é adornado cunha grande pluma.

Sobre os complementos que levan os homes (pendentes e xoias), existen varias teorías, unha delas afirma que son complementos levados desde outrora para simbolizar riqueza. A outra baséase en que os homes tiveron que substituir ás damas para cumprir cos vetos impostos pola igrexa, que prohibía a participación das mulleres nestes bailes.

As damas visten enaguas e saias de cor branca con puntillas de ata dez centímetros de anchura tapadas ambas prendas cun mandil negro bordado. A camisa tamén é de cor branca de mangas anchas e con moita engurra. Cubrindo a camisa levan un pano de cachimir cruzado e atado atrás. Os sombreiros son de palla adornados con flores naturais e a composición floral é cada ano diferente, pois son as propias damas as que os confeccionan horas antes de que teña lugar a danza para que as flores teñan o mellor aspecto posible. Estes sombreiros son elaborados a partir dunha base de espuma onde se insiren os talos dos ramalletes ata alcanzar os trinta centímetros de altura, sen dúbida dunha vistosidade que ben merece ser contemplada.